Suspenden as clases no colexio Aurelio Rey de Cuntis por unha avaría que asolagou o centro

Umia
20 de xaneiro 2019

A decisión adoptouse de acordo entre o Concello e a Xefatura Territorial da Consellería de Educación co fin de "garantir a seguridade do alumnado".As clases quedan suspendidas, en principio, para a xornada deste luns. Desde o Concello destacan que están a traballar coa máxima celeridade  

Danos no colexio Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis
Danos no colexio Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis / Concello de Cuntis

O colexio Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis non terá actividade lectiva este luns 21 de xaneiro. A xornada deberá dedicarse a reparar unha avaría rexistrada durante esta fin de semana no sistema de subministración de auga do centro que causou importantes danos e asolagou as instalacións

Segundo informou o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, a decisión adoptouse de acordo entre o Concello e a Xefatura Territorial da Consellería de Educación co fin de "garantir a seguridade do alumnado".

As clases quedan suspendidas, en principio, para a xornada deste luns. Desde o Concello destacan que están a traballar coa máxima celeridade a fin de restablecer canto antes a normalidade e que as clases poidan retomarse sen ningún problema.