Taberna Zentola, PTV e Loaira gañadores de PontedeTapas

Pontevedra
17 de decembro 2013

Durante algo máis de tres horas os cociñeiros dos locais finalistas elaboraron en directo as súas tapas e cócteles ante o público para que un xurado profesional (Benigno Campos, Eva Pizarro, Nieves Rodríguez e un representante de Galicia Calidade), presidido polo xefe de cociña Estrella Michelín Pepe Solla, elixise os gañadores en cada unha das modalidades

Xurado de Pontedetapas Mónica Patxot

O Centro Social de Novacaixagalicia acolleu este luns a gala final da sexta edición do concurso PontedeTapas.

Durante algo máis de tres horas os cociñeiros dos locais finalistas elaboraron en directo as súas tapas e cócteles ante o público para que un xurado profesional (Benigno Campos, Eva Pizarro, Nieves Rodríguez e un representante de Galicia Calidade), presidido polo xefe de cociña Estrella Michelín Pepe Solla, elixise os gañadores en cada unha das modalidades.

TAPA CREATIVA

  1. Loaira, por "Boletos Edulis, xema de ovo e escuma de pataca trufada"
  2. El Cafetín, por "El huevo de otoño"
  3. Meigas Fora, por "Coello come castañas"

 

TAPA TRADICIONAL

  1. Taberna Zentola, por "Tosta crocan-t-d-bacón"
  2. Taperia A Trigueira, por "Filloas da Leña"
  3. Sidrería Montañés, por "Vieira con torresmo e crema de fabas de Lourenzá"

 

CÿCTELES

  1. Cervecería PTV, por "Picnic de xenebra"
  2. Pub Marilyn, por "Amarelo Marilyn"
  3. Flanagan Cocktail,  por "Finoca"

 

PREMIOS ESPECIALES DO PÿBLICO

  • Tapas: Aleph
  • Cocteles: Chirala.

 

A gala concluiu cunha exhibición de coctelería acrobática a cargo da Asociación Galega de Barmans.

LOUZÁN NON RECOLLEU O SEU PREMIO

Ademais do concurso de Cócteles e Tapas, na gala de PontedeTapas tamén se entregaron os premios aos clientes agraciados no sorteo.

Había grande expectación xa que un dos agraciados era o presidente da Deputación, Rafael Louzán, pero o mandatario popular non acudiu a recoller o seu cheque de 350 euros. A organización enviarallo. El xa adiantou que o doará ao comedor de San Francisco.

O resto dos afortunados se acudiron á cita e foron Candela González, que gañou a viaxe a Viena; José M. González Abal (400 euros); Francisco Tilve (300 euros); Carlos Nieves Martínez (250 euros); Mónica Cangas e Lourdes Arias (200 euros), e Luz Rosales e Ubaldo González (100 euros). Todos poderán gastar ese diñeiro no comercio local. Mentres que Pablo Yarza, Edelmiro Alejandre e Nuria Magdalena, deberán gastar os 200 euros que gañaron na Praza de Abastos.