O talento innovador e científico da mocidade de Soutomaior revélase na Feira da Ciencia

Soutomaior
12 de xuño 2025

En total foron 98 alumnos, 11 mestras e 20 proxectos expostos os que formaron parte desta cuarta edición

Feira da Ciencia de Soutomaior
Feira da Ciencia de Soutomaior / Concello de Soutomaior

A Alameda de Talo Río acolleu este mércores unha nova edición da Feira da Ciencia de Soutomaior.

A feira contou con proxectos do CEIP Manuel Padín Truiteiro, do CEIP de Ponte Sampaio, do Colexio Santiago Apóstol, do IES Soutomaior, do IES Mendiño e do IES Illa de San Simón.

En total foron 98 alumnos, 11 mestras e 20 proxectos expostos os que formaron parte desta cuarta edición. Ao que hai que sumarlle os máis de 200 alumnos inscritos nas visitas nas que os investigadores expuxeron os seus proxectos.

A feira tamén acolleu o obradoiro "Explorando a electricidade" e espectáculo "Desafío científico".

O xurado concedeu o Premio revelación de primaria ao alumnado do CEIP de Ponte Sampaio polo seu traballo "Fase Lunar e o crecemento do cabelo", e para o CEIP Manuel Padín Truiteiro por "Sementes flotantes".

Premio revelación de secundaria a "Organicream", do Colexio Santiago Apóstol e a "Do refugallo á semente", do IES Illa de San Simón.

Premio revelación de bacharelato "Galicia, acidificación oceánica", do IES Mendiño e a "Descubrindo a linguaxe do PH", do IES Soutomaior.

Premio divulga a "Garrafa solar antiapagón", do IES Soutomaior a "Sementes flotantes", do CEIP Manuel Padín Truiteiro.

Premio comunica para "Plantas eléctricas" e "Aparellos no tempo", ambos do Colexio Santiago Apóstol.

Premio innova a "Garrafa Solar antiapagón", do IES Soutomaior e a "Redes Neuronais", do IES Illa de San Simón.

Premio rigor científico foi para "Galicia e a acidificación", do IES Mendiño e para "Do refugallo á semente", do IES Illa de San Simón.

Os premios consistiron en dotacións económicas para os centros educativos e outros contaron coa reserva de acceso á Feira de Ciencia de Cambre (incluíndo manutención e aloxamento do alumnado e profesorado).

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo agradeceu a alta participación desta cuarta edición e tamén o "excelente traballo" realizado polo profesorado e o alumnado que "deixaron patente a canteira de científicas e científicos que temos no concello".