Técnicos de ambulancias alertan de 46-48 lombos que "perjudican" o seu traballo, segundo o PP

Pontevedra
03 de setembro 2015

Jacobo Moreira reuniuse con diversos colectivos potencialmente afectados polo proxecto do Concello de Pontevedra para mellorar o acceso ao Hospital Montecelo, entre eles, o xerente da area sanitaria, a Asociación Galega de Técnicos de Emerxencia (ASGATE), a empresa Tragsa e representantes veciñais e dos usuarios

Reunión do PP con colectivos afectados polo proxecto de mellora do acceso a Montecelo
Reunión do PP con colectivos afectados polo proxecto de mellora do acceso a Montecelo / Mónica Patxot

Nas rúas de Pontevedra hai, segundo fontes do sector citadas polo PP, entre 46 e 48 'lombos' que "están perjudicando el trabajo" dos técnicos de ambulancias. Trátase de badéns instalados en rúas de toda a cidade que, segundo este colectivo profesional, "no cumplen la normativa" e supoñen un prexuízo para os pacientes que circulan en vehículos de emerxencias tanto para transportes urxentes coma para aquelas asistencias sen urxencia.

O voceiro do PP local, Jacobo Moreira, referiuse a estes datos este xoves tras manter unha reunión con diversos colectivos potencialmente afectados polo proxecto do Concello de Pontevedra para mellorar o acceso ao Hospital Montecelo, no que se recolle a proposta de instalar catro 'lombos'. Citou na sala de comisións ao xerente do area sanitario de Pontevedra e O Salnés, José Manuel González; o vicepresidente da Asociación Galega de Técnicos de Emerxencia (ASGATE), José Iglesias; José Antonio Mallán como representante da empresa concesionaria do servizo de ambulancias, Tragsa; e representantes veciñais e dos usuarios.

Nesa reunión, segundo Moreira, os técnicos de ambulancias lamentaron manifestaron o seu malestar con parte dos 'lombos' instalados por toda a cidade, se ben non propoñen que se eliminen, senón que dinnos que teñen que ter unha orde e piden que se elabore un "estudio en profundidad" sobre onde deberían instalarse estes elementos de calmado do tráfico e segundo que criterios. O número de lombos que os prexudican coincide cos 49 que propón eliminar ou rebaixar o PSdeG-PSOE.

En relación coas catro novas canles propostas polo Goberno local, Moreira deu a coñecer que todos os colectivos presentes na reunión coinciden en que a súa oposición "firme y unánime" e en dicir "no a la instalación de lombos en la carretera de Montecelo". Esta é a postura que mantén o PP dende que se fixo público o proxecto e tanto este partido político como a asociacións coas que se reunión insisten en que "los mayores perjudicados serían los pacientes".

Os colectivos tamén coinciden en manifestarse "sorprendidos pola falta de información por parte do Goberno local", pois, segundo denuncian, non lles presentou o proxecto e "lo que saben es por la prensa". Fronte a estas "quejas por la opacidad" do equipo do BNG, Moreira contrapón a actuación do PP."Lo que hicimos hoy aquí es lo que tenía que haber hecho el ayuntamiento, no la oposición", opina.

Todos se mostran partidarios de executar un proxecto de mellora dos accesos como o que impulsa o Goberno local, pero sen lombos e o PP ten previsto formulalo desta forma a través dunha moción no próximo Pleno da Corporación. Jacobo Moreira recoñece que o goberno local non ten por que asumir ese acordo plenario, pero avanza que buscarán que se aprobe porque"es lo que podemos hacer, poco más".