Terra de Sanxenxo busca informadores de turismo

Sanxenxo
13 de abril 2015

Os candidatos a este posto deberán posuír a titulación de técnico superior en información e comercialización turística; en guía, información e asistencia turística; en empresas e actividades turísticas; ou grao en turismo equivalente ou homologado. O sistema de selección dos aspirantes será mediante o sistema de oposición

Oficina municipal de turismo de Sanxenxo Concello de Sanxenxo

O Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo pechará o xoves o prazo de presentación de solicitudes para concorrer ao proceso de selección dun informador de turismo, que reforzará a atención que se presta nas oficinas de turismo municipais durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

Os interesados en optar a esta praza terán ata as 14.00 horas para presentar as súas instancias no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo.

Os candidatos a este posto deberán posuír a titulación de técnico superior en información e comercialización turística; en guía, información e asistencia turística; en empresas e actividades turísticas; ou grao en turismo equivalente ou homologado.

O sistema de selección dos aspirantes será mediante o sistema de oposición.