Toda a corporación municipal urxe o soterramento do transformador en Monte Porreiro

Pontevedra
23 de decembro 2017

De maneira unánime toda a corporación municipal demandou á Consellería de Industria e á empresa Gas Natural-Fenosa que se enterre o transformador eléctrico situado nas inmediacións dun parque infantil en Monte Porreiro

Tendido eléctrico de alta tensión
Tendido eléctrico de alta tensión / Juan Mejuto

De maneira unánime toda a corporación municipal demandou á Consellería de Industria e á empresa Gas Natural-Fenosa que se enterre o transformador eléctrico situado nas inmediacións dun parque infantil en Monte Porreiro.

Así se aprobou no pleno celebrado este venres no que a moción presentada por Marea Pontevedra cultivou o apoio de todos os concelleiros que trasladaron a súa fartura polo atraso que acumula o soterramento da liña de alta tensión que cruza o barrio.

Iso si, as culpas por esta tardanza foron motivo de mutuos reproches por parte do BNG e o Partido Popular, que mesmo motivaron a intervención do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores para entrar en confrontación dialéctica co portavoz municipal do PP, Jacobo Moreira.

O popular atribuíu o mérito da obra á Xunta de Galicia acusando o goberno local de "non facer os deberes" e o rexedor acusoulle de "mentir" sinalando que o Concello xa fixo hai anos a obra civil para soterrar a liña de alta tensión, responsabilizando do atraso á Xunta e Fenosa, ao que Moreira replicou que o executivo galego puxo diñeiro para terminar estes traballos pero o Concello destinouno á mellora da Illa das Esculturas.