"Todas as mulleres, todos os dereitos, todos os días"

Pontevedra
29 de febreiro 2016

A Plataforma Feminista Galega (PFG) de Pontevedra organizou este domingo unha serie de actividades para reivindicar os dereitos das mulleres no mundo laboral e conmemorar o inminente 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Actividade da Plataforma Feminista Galega con motivo do Día internacional da Muller

Todas as mulleres, todos os dereitos, todos os días.
Sen feminismo non hai revolución.
Non me digas bos días, únete á miña loita.

Son algúns das mensaxes exhibidas este domingo nas actividades organizadas pola Plataforma Feminista Galega (PFG) de Pontevedra para reivindicar os dereitos das mulleres no mundo laboral e conmemorar o inminente 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Desde as doce da mañá, a Praza da Peregrina acolleu unha mesa redonda na que diferentes mulleres expuxeron as súas experiencias sobre diversos temas relacionados coas desigualdades de xénero no traballo ou sobre como afecta a maternidade á vida da muller, entre outros.

Ademais, as participantes pousaron nun photocall con carteis preparados para a ocasión, con diferentes lemas que reflectían diversas realidades das mulleres. As fotografías colgáronse posteriormente nas redes sociais da plataforma baixo o hashtag #8MPontevedra.

Durante este acto, tamén se celebraron outras actividades de tipo lúdico e musical coa que, doutra banda, sumáronse á campaña de loita contra a violencia sobre a muller.