O ritmo de vacinación da cidadanía galega contra a covid-19 acelérase e seguirá facéndoo nas próximas semanas. Así o destacou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que detallou este xoves os próximos plans para a inmunización.
Todos os maiores de 60 anos recibirían a próxima semana, polo menos, unha dose da vacina. O Servizo Galego de Saúde prevé completar a vacinación da poboación entre 66 e 69 anos que, en lugar de recibir AstraZeneca, recibirán o soro de Pfizer.
A partir de aí comezará a vacinación dos galegos e galegas que teñan entre 55 e 59 anos e que non foran inmunizadas ata o de agora por ser persoal esencial.
No seu caso recibirán a vacina de Pfizer ou a de Janssen que, neste último caso, só necesita dunha única dose para completar a pauta de inmunización.
Galicia, segundo Núñez Feijóo -que recibiu onte a vacina de AstraZeneca-, é a cuarta comunidade autónoma con máis poboación cunha dose da vacina.
Só durante esta semana foron (ou serán) vacinadas unhas 240.000 persoas.