Toque innovador para o lacón con grelos de Cuntis

Umia
08 de marzo 2019

A Casa  do Médico converteuse no escenario onde os asistentes puideron gozar das leccións do cociñeiro

Clase de preparación do lacón con grelos co chef Iván Méndez Concello de Cuntis

O chef Iván Méndez impartía, por segunda vez, unha clase maxistral para ofrecer un  lacón con grelos cociñado de forma diferente pero sen perder a súa esencia. O obxectivo deste taller de cociña centrábase en elaborar unha preparación cun estilo innovador.

A Casa  do Médico converteuse no escenario onde os asistentes puideron gozar das leccións do cociñeiro e resolver todas aquelas dúbidas que xorden na elaboración deste prato tradicional en Cuntis.

A este evento asistían estudantes de Habilitas Forgar, que tamén mostraron o seu bo facer na arte culinaria. O alcalde Manuel Campos tamén acudía a esta cita e a Televisión de Galicia ofreceu parte desta sesión nun programa en directo.