Un traballador resultou ferido mentres manipulaba un cadro eléctrico en Pontevedra.
O suceso rexistrouse sobre as 10:50 horas, nun portal da rúa Paseo de Colón.
A vítima recibiu unha descarga eléctrica cando estaba a traballar na zona.
A persoa que alertou ao 112 Galicia advertiu á central de emerxencias que escoitara unha explosión no cadro eléctrico.
A explosión causou un pequeno incendio que conseguiron apagar con extintores.
Até o lugar acudiron persoal sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Policía Nacional e da Policía Local e efectivos do parque municipal de bombeiros.
Os bombeiros, ao chegar, confirmaron que ardera o cadro eléctrico.
O traballador ferido, que presentaba diversas queimaduras, foi atendido polos servizos sanitarios.