Tres alumnas do IES Sánchez Cantón, seleccionadas na segunda fase dun concurso europeo

Pontevedra
23 de abril 2018

O proxecto propón desenvolver un sistema de estirilización de material e espazos sanitarios para países do terceiro mundo mediante o uso de LEDs ultravioleta alimentados por un panel solar. Están na segunda fase do concurso con outros tres proxectos. O premio será visitar o acelerador de partículas do CERN

IES Sánchez Cantón Mónica Patxot

Un proxecto de tres alumnas do IES Sánchez Cantón de Pontevedra para desenvolver un sistema de estirilización de material e espazos sanitarios para países do terceiro mundo chegou á fase final dun concurso europeo. A proposta é actuar mediante o uso de LEDs ultravioleta alimentados por un panel solar.

Segundo informou un dos profesores do centro, as alumnas que puxeron en marcha o proxecto son Nuria Sueiro Martínez, Sandra García Pérez e Sara van Dinter Beloso. Participaron nun proceso de selección no que pasaron a unha segunda fase xunto con outros cinco proxectos. Nesta segunda fase, serán premiados tres proxectos dos seis.

Esta segunda fase de selección inclúe unha videoconferencia na que as alumnas defenderán o seu proxecto ante un xurado de STEM4YOUTH. Ademais, a organización habilitou un sistema de votación en liña para que todo aquel que queira poida votar un proxecto dos seleccionados.

Para votar o proxecto das estudiantes do IES Sánchez Cantón, só hai que escribir un correo electrónico, seleccionar o seu proxecto (Team F - LED torch spotlight) e confirmar a votación mediante un enlace que se remite o correo electrónico.

O concurso europeo no que están a participar está organizado polo proxecto Horizon 2020 STEM4YOUTH e o premio consiste nunha viaxe a Xenebra para visitar o acelerador de partículas situado na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN, sigla que corresponde ao seu antigo nome en francés: Conseil Européen pour a Recherche Nucléaire).

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora