Tres horas de teatro, música e camiñada para coñecer a relación de Castelao con Salcedo

Pontevedra
09 de xuño 2025

A asociación Salcedo Norte organizou este domingo o roteiro aberto ao público ‘Castelao en Salcedo’ dentro da programación do 'Ano Castelao' organizada polo Concello

Roteiro ‘Castelao en Salcedo’, teatralizado e musicado

Tres horas, oito quilómetros, teatro, música e moita historia. Foron os ingredientes do plan organizado este domingo pola asociación Salcedo Norte

O colectivo organizou o roteiro aberto ao público ‘Castelao en Salcedo’ dentro da programación do 'Ano Castelao' organizada polo Concello de Pontevedra en colaboración con diferentes entidades locais.

Contou coa participación de representantes municipais, entre eles, o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez

Teatralizado e musicado, o roteiro permitiu aos participantes coñecer a relación entre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Pontevedra e a parroquia de Salcedo. 

Houbo música ao vivo, representacións teatrais, lendas populares, anacos de historia e descubrimentos sorprendentes.

Roteiro ‘Castelao en Salcedo’, teatralizado e musicadoConcello de Pontevedra

A actividade iniciouse na praza de San Xosé e rematou no centro social sur tres horas despois. Un percorrido de 8 quilómetros de dificultade media. 

A asociación destaca a sua especial ilusión ao participar dentro da programación do Ano Castelao, na que a veciñanza e o movemento asociativo son os grandes protagonistas. "É un orgullo para nós formar parte desta homenaxe colectiva" indican

Foi, en palabras dos organizadores, un roteiro "cheo de vida e memoria".

Roteiro ‘Castelao en Salcedo’, teatralizado e musicadoConcello de Pontevedra