Un abeto natural de seis metros preside a inauguración do alumeado de Nadal

Bueu
05 de decembro 2022

No acto, celebrado este luns 5 de decembro, participaron o alcalde e outros representantes da corporación municipal. Máis de medio cento de arcos que se repartirán por todo o municipio, tamén hai unha trintena de adornos para as farolas e árbores e instaláronse un cento de grilandas

Félix Juncal, alcalde de Bueu, cunha das figuras da decoración de Nadal
Félix Juncal, alcalde de Bueu, cunha das figuras da decoración de Nadal / Concello de Bueu

Bueu inauguraba este luns a iluminación do Nadal con medio centenera de arcos luminosos e a gran novidade dun abeto natural, de seis metros de altura, que se sitúa na Praza Massó durante todas as festas.

Félix Juncal, alcalde de Bueu, e algúns representantes da corporación municipal foron os encargados de inaugurar desde a Praza Massó esta iluminación. Acompañando ao abeto atópase un pequeno poboado para que os escolares poidan facerse fotos neste espazo.

Tamén se repartiron unha trintena de adornos para farois e árbores, ademais de instalar un centenar de grilandas. A maioría das luces son de tipo Led, segundo informa o goberno local, co obxectivo de aforrar enerxía.

As luces apagaranse a media noite, salvo nas xornadas festivas e previas, que contarán cun horario máis amplo. Increméntanse as luces en zonas comerciais como reclamo para activar o consumo no comercio local, segundo indica o goberno liderado polo nacionalista Félix Juncal.

Nos próximos días está previsto que se anuncie a programación de actividades para toda a familia durante estas datas.