Un berro ben alto contra o "terrorismo machista"

Pontevedra
23 de novembro 2019

O Colectivo Feminista de Pontevedra protagonizou este sábado na  Praza dá Peregrina a acción chamada ' Sección: terrorismo machista' co obxectivo de visibilizar ás vítimas a dous días de que se celebre o Día Internacional Contra a Violencia cara ás Mulleres

Acción do Colectivo Feminista na Praza da Peregrina
Acción do Colectivo Feminista na Praza da Peregrina / Diego Torrado

O Colectivo Feminista de Pontevedra protagonizou este sábado na Praza da Peregrina a acción chamada 'Sección: terrorismo machista' co obxectivo de visibilizar ás vítimas a dous días de que se celebre o 25 N, Deía Internacional Contra a Violencia cara ás Mulleres.

En  concretro a convocatoria pretendía facer visibles todas esas noticias que a diario se publican nos medios de comunicación "pero #ante as que a xustiza parece estar  anestesiada", sinala o comunicado do Colectivo.

"Cada día as súas páxinas énchense de mulleres asasinadas, prostituídas, redes de trata, violacións grupais, agresións... Pero as mulleres non aparecemos mortas, somos asasinadas", recalcaron.

A organización, que o luns 25 de novembro sumarase á manifestación convocada xunto a outras organizacións ás 20:30 horas na Praza da Peregrina de Pontevedra, quería denunciar coa súa actividade "a violencia machista en calquera das súas expresións, tanto a que provén da parella ou exparella, como a que ocasiones as violacións e abusos, a vulneración dos dereitos sexuais e reprodutivos, a discriminación laboral, a violación como arma de guerra ou peaxe das refuxiadas, a  mutilación xenital feminina, matrimonios forzados..." e tamén os  vientes de aluguer e a prostitución "como cosificación e mercantilización do corpo e a sexualidade da muller", resaltaron.

No que vai de ano a violencia ou "terrorismo machista", como prefiren cualificalo desde o Colectivo Feminista, acabou coa vida de 51 mulleres en toda España segundo os datos oficiais, aínda que a organización reivindica a realidade das 93 mulleres asasinadas xa que "de non existir relación sentimental non contabiliza como vítima de violencia machista", lembraron.