Un condutor resulta ferido nun accidente de tráfico en Corbillón

O Salnés
30 de agosto 2023

O condutor é un home de 32 anos e veciño de Cambados que envorcou co seu vehículo tras chocar con outro coche

Accidente de tráfico en Corbillón

O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados informou dun accidente de tráfico na estrada provincial EP-9004 ao seu paso por Tragove, Corbillón. 

O condutor é un home de 32 anos e veciño de Cambados que envorcou co seu vehículo tras chocar con outro coche.

O ferido foi evacuado ao PAC de Cambados por familiares por mazaduras. 

Ademais dos efectivos do Servizo de Emerxencias nesta intervención colaborou a Garda Civil de Tráfico.