Un condutor sae ileso despois de despeñarse co seu camión en Caldas

Umia
19 de agosto 2022

A picada dunha roda provocou que un camión que transportaba palés de madeira saísese da estrada despeñándose monte abaixo en Caldas de Reis

n condutor sae ileso despois de despeñarse co seu camión en Caldas Servizos de Emerxencias

A picada dunha roda provocou que un camión que transportaba palés de madeira saísese da estrada despeñándose monte abaixo en Caldas de Reis.

Afortunadamente o condutor tan só sufriu uns rasguños nun brazo e puido abandonar a cabina do camión polos seus propios medios. Non sendo necesario o seu traslado a un centro médico.

O sinistro tivo lugar ás 17.15 horas deste venres na estrada N-550 en dirección a Santiago de Compostela, á altura da parroquia de Santo André de César. 

O camión precipitouse polo monte ata deterse nunha pista municipal.