Un grovense detido nunha operación contra o tráfico de persoas e drogas

O Salnés
11 de xaneiro 2024

Un transportista do Grove foi detido en Ourense no marco da denominada "Ranger" contra un grupo dedicado ao tráfico de drogas e á introdución de inmigrantes ilegais procedentes de Marrocos

Operativo da Garda Civil Cristina Saiz

Un transportista do Grove foi detido en Ourense no marco da denominada "Ranger" contra un grupo dedicado ao tráfico de drogas e á introdución de inmigrantes ilegais procedentes de Marrocos. 

Incautáronse uns 525 quilos de cocaína e uns 2.700 quilos de haxix.

Este veciño do Grove é un dos 30 detidos, a maioría en Almería, Málaga, Cádiz, Melilla e Campo de Xibraltar.

Segundo informou o delegado do Goberno en Andalucía, Pedro Fernández, a Garda Civil adscrita á Comandancia de Alxeciras (Cádiz) levaba xa moito tempo investigando a esta organización criminal.

O operativo continua aberto e non se descarta que aumente o número de detidos.