Un iPad e cursos de formación para premiar o mellor empresario novel

Pontevedra
21 de outubro 2014

O próximo día 21 de novembro entregarase o Premio Novo Empresario, destinado a recoñecer o espírito emprendedor dos empresarios da nosa provincia

Presentación del premio de la Asociación de Jóvenes Empresarios
Presentación del premio de la Asociación de Jóvenes Empresarios / AJE Pontevedra

O próximo día 21 de novembro entregarase o Premio Joven Empresario, destinado a recoñecer o espírito emprendedor dos empresarios da nosa provincia.

Este evento organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE Pontevedra, está enmarcado dentro da filosofía de fomento das vocacións empresariais e o achegamento dos emprendedores noveis ao mundo empresarial.

O premio consite nun iPad e 3.000 euros destinados a formación na Escola de Negocios Afundación

Segundo os voceiros de AJE, esta edición quere reclamar en voz alta o apoio de todos, ao colectivo de emprendedores e novos empresarios, como protagonistas do presente e do futuro da nosa provincia.

O evento consistirá na celebración dunha gala - cea, o próximo día 21 de novembro, no Liceo Casino. O premio consiste nun iPad e 3.000 euros destinados a formación na Escola de Negocios Afundación.

Ademais haberá un premio ao Emprendedor Novo dotado con aloxamento gratuíto durante un ano nun dos viveiros do Consorcio da Zona Franca de Vigo e 2.000 euros en formación na Escola de Negocios Afundación.

Haberá dous premios accésit, un á creación de emprego e outro á innovación, e un premio honorífico a un empresario de recoñecido prestixio da provincia de Pontevedra.