Un menor, detido por roubar unha bicicleta de 700 euros

Pontevedra
15 de xaneiro 2018

O dono dunha tenda estaba pechando o seu negocio e viu pasar por diante ao mozo montado na bicicleta dun dos seus clientes. O home decidiu saír tras el e logrou interceptalo, tras o cal chamou á Policía

Un home falando cun axente da Policía Nacional diante dunha bicicleta sen as rodas PontevedraViva

Axentes da Policía Nacional de Pontevedra detiveron un menor de 17 anos como presunto autor do roubo dunha bicicleta na cidade o pasado 12 de xaneiro.

Segundo informou a comisaría provincial, foi o propietario dun establecemento o que alertou cunha chamada ao 091 que tiña localizado un mozo que levaba unha bicicleta roubada.

Un cliente que estivera na tenda deixara a bicicleta apoiada no escaparate. Horas despois foi vítima do roubo e, ás 21.30 horas, cando o empresario estaba a pechar a tenda, viu pasar por diante ao mozo montado na bicicleta do seu cliente.

O home decidiu saír tras el e logrou interceptalo, tras o cal chamou á Policía.

Os axentes, tras identificar ao novo, detivérono polo delito de furto da bicicleta, valorada nuns 700 euros.

A bicicleta foi devolta posteriormente ao seu propietario.