Un photocall e unha árbore xigantes redondean a decoración do Nadal do mercado de abastos de Pontevedra

Pontevedra
02 de decembro 2020

A concellería de Promoción Económica ultima a decoración do Nadal da praza da Rúa Sierra para atraer visitas e fomentar o consumo 

Pontexogos 2020 comeza na Praza de España cun foodtruck para cociñar doces de Nadal
Pontexogos 2020 comeza na Praza de España cun foodtruck para cociñar doces de Nadal / Concello de Pontevedra

O mercado de abastos de Pontevedra engalánase para o Nadal. A concellería de Promoción Económica, a través da plataforma #PonteLovers, instalará na praza da rúa Sierra un photocall con bólas do Nadal xigantes e unha árbore de seis metros.

"Estes elementos de attrezzo quedarán instalados nos accesos ás instalacións da rúa Serra este venres 4 de decembro para que todos os pontevedreses poidan sacar as súas fotos de Nadal e, de paso, queden a facer as súas compras na Praza municipal. Estou convencida de que vai encantar, porque é impresionante”,  sinalou a concelleira Yoya Blanco.

Ademais destes dous elementos, a ornamentación esténdese tamén polas columnas do edificio e na entrada principal con elementos típicos destas datas como como eucaliptos, abetos, cedros ou grilandas colgadas sobre os postos de venda de peixe. No primeiro piso haberá tamén grilandas e unha ampla variedade de bólas e luces. 

Do mesmo xeito instalaranse no teito do mercado unha esfera de Nadal metalizada de dor vermella dun metro de diámetro, así como outras cincuenta esferas de menor tamaño. O venres quedará completada a decoración deste espazo para as festas do Nadal.

PONTEXOGOS

Este ano a programación de Pontexogos será principalmente en liña, emitirase a través da canle Ponte Xogos TV, e comezará cun showcooking na Praza de España no interior dun foodtruck que xa se está instalando nesta céntrica praza. No seu interior elaboraranse doces de Nadal.  “Ademais de entrevistas á cidadanía a pe de rúa, achegaremos aos establecementos que estean interesado en participar unhas pegatinas cun código QR que enlazará coas redes sociais do programa", detallou Blanco.