A UNED desfila as súas mellores galas en Portas

Umia
11 de maio 2025

O auditorio da Azucreira de Portas acolleu na tarde-noite deste sábado unha gala coas alumnas do curso de iniciación á costura, que desfilaron pola pasarela mostrando as súas creacións

Gala 'Una noche de impacto' en Portas

A UNED vestiu as súas mellores galas este fin de semana en Portas para a gala 'Una noche de impacto'.

As alumnas do curso de iniciación á costura, impartido por Lucía Costa Lago, desfilaron pola pasarela do auditorio da Azucreira de Portas mostrando as súas creacións.

Os deseños creáronse durante o curso e mostráronse ao público na tarde-noite deste sábado.

Organizado pola aula universitaria de Portas da UNED de Pontevedra, coa colaboración do Concello, o evento contou con numeroso público entre o que se atopaban Ricardo Martínez Chantada, alcalde de Portas; e Alfonso Vázquez Reboledo, subdirector do centro aociado da UNED en Pontevedra e tenente de alcalde de Portas.

O coordinador de extensión universitaria da UNED en Pontevedra, Rafael Cotelo Pazos, foi o encargado de dirixir o acto.

As alumnas presentaron pezas confeccionadas por elas mesmas durante o curso, sorprendendo ao público con deseños de primavera-verán, conxuntos de sport, estilismos casual e espectaculares vestidos de festa.

Desde a UNED destcan que esta gala "non foi só un desfile. Foi unha demostración de talento, superación e comunidade. Unha experiencia que marca un antes e un despois na vida educativa e cultural de Portas".