O sindicato UXT denuncia que a pasada fin de semana unha auxiliar de enfermería do Hospital Provincial de Pontevedra sufriu unha agresión por parte dun paciente ingresado no psiquiatría.
Relatan desde a agrupación que un so garda de seguridade tivo que facer fronte a un paciente agresivo que rompeu o mobiliario da sala na que se atopaba e pelexou con outro interno. Os traballadores do hospital chamaron á policía, pero por falta de efectivos non puideron acudir coa celeridade que requiría a situación e cando se acudiron no centro seis axentes, o vixiante xa lograra separalos.
Con todo, uns minutos máis tarde desencadeouse un novo conflito no que ao tentar reducilo unha auxiliar de enfermería resultou lesionada. Coa colaboración do garda, lograron reducilo.
Ante esta a reiteración de situacións como estas, o sindicato solicita ao Sergas que estude un aumento significativo do persoal de seguridade, así como a dotación de medios para dar resposta efectiva a este tipo de incidentes.