Unha biorrefinería en Lourizán?

Pontevedra
08 de decembro 2014

O conselleiro delegado de Ence, Ignacio Colmenares,considera que esa vai ser a evolución das pasteiras, o mesmo que dá por feito que Ence continuará na ría de Pontevedra. Mesmo afirma ter reservados 100 millóns de euros en investimentos para Pontevedra e Navia

Juan Luis Arregui e Ignacio de Colmenares, na presentación do informe sobre Ence Mónica Patxot

No transcurso da súa intervención na Barcelona Bioeconomy Forum, o conselleiro delegado de Ence, Ignacio Colmenares, asegurou que "as fábricas de celulosa evolucionarán para converterse en biorrefinerías nas cales se poderá producir unha ampla gama de produtos renovables".

ÿ dicir, a partir de madeira e de fibra reciclada, fabricarán celulosa, papel e cartón, bioenerxía e biocombustibles, biocomposites e toda unha serie de novos produtos a base de fibra forestal (téxtiles, cosméticos, farmacéuticos, etc.).

Colmenares considera que esa é a evolución das pasteiras, o mesmo que dá por feito que Ence continuará na ría de Pontevedra. Mesmo afirma ter reservados 100 millóns de euros en investimentos para Pontevedra e Navia, dos que 15 xa se inverteron na fábrica de asturias.

Os xornalistas Rubén Esteller e Alba Brualla nun entrevista ao conselleiro delegado de Ence publicada en El Economista pregúntanlle: "En que situación se encontra o conflito polas licenzas na costa de Pontevedra? "

A resposta de Ignacio Colmenares resulta moi reveladora "Estamos en plena batalla xurídica, cada semana os nosos avogados reúnense cos do Estado e os da Xunta e esperamos que se resolva na primeira parte do ano que vén. En Galicia está a haber moitas tensións porque se se para a concesión da depuradora, tamén se para a planta e a poboación decatouse para a economía galega da importancia que ten Pontevedra. Ao pechar Huelva, por desgracia non só perdéronse 300 postos de traballo, senón que houbo un clamor popular no sector do transporte e a loxística e no sector forestal. A madeira que compraba Ence para Huelva no sur da Península Ibérica, agora estana a captar as fábricas de celulosa de Portugal, polo que deixaron de importar madeira galega. Se un peche a 1.000 quilómetros de distancia lles afectou tanto, son conscientes de como lles pode afectar o caso de Pontevedra e o sector forestal é moi importante en Galicia".

A solicitude de prórroga de ENCE da concesión de Lourizán está paralizada ata que se resolva un expediente de revisión desa concesión por parte do Ministerio de Medio Ambiente, en cumprimento dunha sentenza xudicial, ditada polo Tribunal Supremo.

A denuncia foi interposta pola asociación Salvemos Pontevedra, representada polo avogado Agustín Fernández, concelleiro socialista en Pontevedra. Este colectivo tamén denunciou a depuradora dos Praceres ao entender que a súa ocupación dos terreos marítimo-terrestres é ilegal.