Unha campaña de 'rasca e gaña' para dinamizar en abril o comercio de Barro

Barro
18 de marzo 2021

En abril, premios mil. É o nome da campaña de dinamización do comercio local que se activou en Barro. O Concello repartirá entre os establecementos uns cartóns de 'rasca e gaña' que incluirán premios que poderán trocar en compras

Presentación da campaña "En abril, premios mil" Concello de Barro

En abril, premios mil. É o nome da campaña de dinamización do comercio local que se activou en Barro. O Concello repartirá entre os establecementos uns cartóns de 'rasca e gaña' que incluirán premios que poderán trocar en compras.

Haberá máis de 1.000 euros en premios, repartidos en cantidades que oscilan entre 1 e 10 euros por cada gañador, segundo informou o goberno municipal.

Os establecementos que desexen participar teñen ata o día 26 de marzo para inscribirse a través do rexistro municipal ou enviando un email a omix@barro.gal.

A entrega dos rascas aos clientes farase ao longo do mes de abril por compras superiores a 10 euros e aqueles cartóns que resulten premiados poderán cambiarse no mesmo establecemento no que foron agraciados durante o vindeiro mes de maio.

Esta iniciativa, destacan desde o Concello, nace con vontade de permanencia no tempo de xeito que sexa unha nova campaña de promoción do comercio local durante a primavera.