Unha carpa na Praza de España recibirá aos Reis Magos en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
03 de xaneiro 2019

Un ano máis, os Reis Magos adiantan a súa chegada a Ponte Caldelas. Un festival, que se celebrará este venres 4 de xaneiro, servirá para dar a benvida ás Súas Maxestades de Oriente. Ante as boas previsións meteorolóxicas, a festa será nunha carpa de 450 metros cadrados que se instalará na nova Praza de España.

Recepción aos Reis Magos en Ponte Caldelas Concello de Ponte Caldelas

Un ano máis, os Reis Magos adiantan a súa chegada a Ponte Caldelas. Un festival, que se celebrará este venres 4 de xaneiro, servirá para dar a benvida ás Súas Maxestades de Oriente.

Ante as boas previsións meteorolóxicas, a festa será nunha carpa de 450 metros cadrados que se instalará na nova Praza de España. 

A chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar será ás 18.00 horas, momento en que partirá a cabalgata dende a praza do colexio Cordo Boullosa, para subir pola rúa Concepción Arenal, xirar pola avenida de Pontevedra e continuar ata a Casa da Cultura, avenida de Marín e remate na praza de España. No percorrido repartiranse moitos quilos de caramelos.

O evento inclúe este ano catro carrozas, unha por cada rei e unha cuarta decorada con motivos de Disney.

Ao remate do periplo polo centro urbano, os Reis Magos recibirán a todos os rapaces dentro da carpa. A continuación comezará a gran festa coa animación humorística e musical a cargo de Pedro Campos, que continuará ata o remate da tarde. Todos os nenos recibirán un agasallo.

A festa contará tamén co aliciente de que se servirá chocolate con rosca típico destas datas.