Unha clase da Galiña Azul de Tenorio, confinada por un positivo de COVID

Cerdedo Cotobade
23 de setembro 2020

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, confirmou a activación do protocolo na escola infantil, sinalando que o positivo "se atopa en boas condicións"

Alumno nunha escola infantil Xunta de Galicia

A escola infantil Galiña Azul de Tenorio entrou a formar parte da lista de centros escolares con casos positivos detectados de coronavirus.

Así o confirmou este mércores o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, tras a notificación do Servizo Galego de Saúde.

"Afortundamente se atopa en boas condicións", explicou o rexedor sinalando que de maneira inmediata activouse o protocolo de Sanidade avisando ás familias e iniciando o confinamento dos posibles contactos.

En concreto, ao tratarse dunha das aulas que funciona como 'burbulla', o confinamento afecta a 12 nenos e ás tres profesoras desta clase.