Unha empresa de Esther Koplowitz farase cargo da xestión dos parques de bombeiros

Pontevedra
04 de marzo 2013

A xestión dos parques comarcales de bombeiros da provincia de Pontevedra quedará en mans de Matinsa, unha das empresas de Esther Koplowitz, por un montante superior de 21 millóns de euros. Esta firma resultou elixida para facerse cargo dos parques durante os próximos oito anos, cunha posibilidade de ampliación a 14 anos

A xestión dos parques comarcais de bombeiros da provincia de Pontevedra quedará en mans de Matinsa, unha das empresas de Esther Koplowitz, por un montante superior de 21 millóns de euros.

Entre outras melloras a nova contratación permitirá un aforro de 150.000 euros ao ano fronte ao que se estaba pagando ata agora, e poderase contratar a oito bombeiros máis a tempo total e catro a tempo parcial. Ademais sumaranse aos efectivos dispoñibles un novo camión bomba e dous equipos de excarcelación, así como melloras en vestirio e nos seguros de cobertura dos traballadores.

Esta firma resultou elixida para facerse cargo dos parques durante os próximos oito anos, cunha posibilidade de ampliación a 14 anos. "Estamos ante a cobertura total da provincia de Pontevedra para todos os seus habitantes, é certo que pola dispersión non sempre se cobre esa isocrona dos 20 minutos pero creo que si comparamos con hai vinte anos os avances na seguridade foron considerables", declarou o presidente provincial, Rafael Louzán. O parque comarcal do Deza quedará á marxe do contrato.

Trátase dunha das maiores adjudicaciones realizadas pola Deputación de Pontevedra, por un importe de 21 millóns de euros "unha cifra como non hai moitas nestes tempos".

O director xeral de emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, destacou que ata o ano 2001 na provincia só había dous parques de bombeiros, os de Pontevedra e Vigo, "e a culminación deste proceso é a posta en marcha desde servizo provincial. A partir de maio deste ano haberá 14 grupos de traballo funcionando".

Comarcalización

"Estamos sempre abertos a que os parques de bombeiros de Pontevedra e Vigo cubran máis territorio pero evidentemente o paso da comarcalización ten que vir do propio concello", sinalou o Director Xeral.

"Nos estamos dispostos a comarcalización e de feito os nosos parques firmarían calquer tipo de acordo para compartir medios, recursos e intervir de forma conxunto en calquera momento", concluíu Villanueva.