Unha enquisa anónima axudará a definir o Plan de Mobilidade da vila

Marín
29 de abril 2021

O Plan de Mobilidade será o documento que marcará as liñas mestras de como continuar o crecemento do municipio coa intención de que sexa máis habitable, sostible e integrada, segundo indican desde o Concello de Marín

Zona de Marín

Crear unha vila de Marín máis habitable, sostible e integrada son os eixos sobre os que o Concello traballa dentro da estratexia Marín Dusi, unha proposta que conta cun 80% de confinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Para que Marín poida evolucionar nesta estratexia é necesario que se amplíe o Plan de Movilidad Urbana Sostible (PMUS), o documento que marcará a liña de crecemento do municipio. A intención do goberno é que isto se realice cun ordenamento urbano moderno con distintas melloras de tipo ambiental e de calidade urbana.

O  Concello de Marín quere que este documento conte coa participación cidadá na súa elaboración. Tanto os residentes como a cidadanía dos municipios limítrofes poderán realizar achegas a través dunha enquisa que se recolle no web municipal.

Nesa enquisa realizaranse preguntas para contestar de maneira anónima sobre a mobilidade de maneira xeral dentro da vila, pero tamén sobre os desprazamentos que realiza esa persoa concreta, os seus horarios, o tipo de vehículo e as alternativas de transporte urbano que considera máis importantes, ademais dos problemas de tráfico que observa na vila.

Tamén se realizarán preguntas sobre o estacionamento tanto o actual como o que se prevé realizar baixo o Parque Eguren. Tamén se poderán formular suxerencias sobre cuestións que cada cidadán consideren necesarias para mellorar a mobilidade en Marín.