Unha moza resulta ferida nun accidente entre un coche e unha moto en Samieira

Poio
01 de agosto 2014

 O sinistro consistiu na colisión entre un coche e unha moto rexistrada ás 13.07 horas á altura do cruzamento que se desvía cara a Armenteira. Unha ambulancia do 061 trasladou o Hospital Domínguez a unha moza de 21 anos

Urxencias do Hospital Miguel Domínguez Mónica Patxot

Unha moza de 21 anos ingresou este venres no Hospital Domínguez de Pontevedra para recibir asistencia polas feridas sufridas nun accidente rexistrado en Samieira, en Poio.

O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 tivo constancia ás 13.07 horas da colisión entre un coche e unha moto na estrada de Samieira, á altura do cruzamento que se desvía cara a Armenteira.

A consencuencia do sinistro, Urxencias Médicas de Galicia trasladou ao Domínguez a unha moza de 21 anos que responde ás iniciais D.V.C. Ademais, trasladáronse ao lugar efectivos da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Poio.