Unha muller ferida en Tenorio tras un novo accidente na N-541

Cerdedo Cotobade
16 de setembro 2023

A N-541 volveu a demostrar o perigo do seu trazado. Unha muller resultou ferida tras sufrir un accidente de tráfico en Tenorio. O accidente produciuse no mesmo treito no que faleceu un motorista o pasado mes de xaneiro

Accidente na N-541, en Tenorio
Accidente na N-541, en Tenorio / PontevedraViva

A N-541 volveu a demostrar o perigo do seu trazado. Unha muller resultou ferida tras sufrir un accidente de tráfico en Tenorio.

O accidente produciuse no mesmo treito no que faleceu un motorista o pasado mes de xaneiro, segundo explicou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

"De verdade alguen pode crer que en menos de 9 meses se produzan dúas saídas de vía no mesmo sitio e que sexan unha casualidade?", denunciou o alcalde, que asegura estar "canso e farto de que se nos dea a calada por resposta" cando reclama melloras nesta estrada.

No coche sinistrado viaxaban dúas persoas, un home que se atopa ben e unha muller que se queixaba de dor nas cervicais.

A saída de vía que provocou este accidente produciuse sobre as 11:15 horas, informa o 112 Galicia.

Ata o lugar desprazáronse, entre outros servizos, persoal sanitario do 061, efectivos de Protección Civil e axentes da Garda Civil de Tráfico.