Unha nova axuda do IDAE para renovar o alumeado en Barro, Bueu e Caldas

Barro
20 de xuño 2021

Preto de 800.000 euros vai a achegar o Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) á Deputación de Pontevedra para renovar o alumeado en cinco concellos da provincia, entre eles Barro, Bueu e Caldas de Reis

Traballos no alumeado público de Poio
Traballos no alumeado público de Poio / PontevedraViva

Preto de 800.000 euros vai a achegar o Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) á Deputación de Pontevedra para renovar o alumeado en cinco concellos da provincia, entre eles Barro, Bueu e Caldas de Reis.

É a quinta subvención que recibe este ano a institución provincial deste organismo, adscrito ao Ministerio para a Transición Ecolóxica.

En concreto, Barro recibirá 154.100 euros para renovar cinco dos seus cadros de mando e 402 luminarias, que pasarán a ser LED, e que contribuirán a acadar un aforro enerxético do 75,90%. 

Para Bueu serán 148.600 euros para actuara sobre catro cadros de mando e 453 luminarias co fin de chegar a un aforro enerxético do 85,09%; e Caldas de Reis conseguirá un aforro enerxético do 51,16% grazas ás actuacións sobre tres cadros de mando e 90 luminarias.

No que vai de ano, outros concellos como Cambados, O Grove, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Portas, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa obtiveron axudas similares.

En total, a Deputación recibiu 3,4 millóns de euros no marco destas axudas para apostar por un modelo enerxético sostible e respectuoso co medio ambiente.