Unha segunda promotora proxecta outras 92 vivendas nos terreos da antiga Tafisa

Pontevedra
19 de febreiro 2018

Parece que, definitivamente, despega o desenvolvemento urbanístico dos terreos da antiga Tafisa. Pouco despois de coñecerse que as inmobiliarias do Banco Sabadell e Caixabanx recibirán moi pronto licencia para construír 200 vivendas, unha segunda promoción pide paso

Terreos de Tafisa nos que Metrovacesa construirá dous edificios Diego Torrado

Parece que, definitivamente, despega o desenvolvemento urbanístico dos terreos da antiga Tafisa. Pouco despois de coñecerse que as inmobiliarias do Banco Sabadell e Caixabanx recibirán moi pronto licencia para construír 200 vivendas, unha segunda promoción pide paso.

Neste caso, detrás deste proxecto está a compañía Metrovacesa. Os seus responsables xa se reuniron co servizo urbanístico do Concello, aos que lles adiantaron que solicitarán licenza en cuestión de semanas.

Metrovacesa impulsa a construción dun complexo residencial composto de 92 vivendas de ata 4 dormitorios, repartidas en dous edificios de planta baixa, seis plantas e aproveitamento de baixo cuberta.

As vivendas contarán con garaxe, trasteiro e numerosos espazos comúns, entre eles piscina climatizada, ximnasio, salón social e un espazo gourmet, segundo explica a promotora na súa páxina web.

Os plans de Metrovacesa pasan por iniciar a venda deste inmobles este mesmo mes de febreiro. Nos últimos días, xa colocaron os anuncios na parcela que ocuparán os edificios.

Esta segunda promoción eleva a unhas 300 o número de vivendas que se proxectan neste ámbito urbano, situado a beiras do río Lérez.