Unha veciña de Poio denunciou esta semana por vía telemática que nos últimos días alguén entrou nunha horta da súa propiedade e roubou comida e aparellos dos usados para traballar a terra.
En concreto, roubáronlle hortalizas e froita e distintas ferramentas de labranza dunha parcela ubicada na parroquia de San Xoán.
Con motivo do confinamento que implica o estado de alarma, a Policía Local de Poio está a recoller denuncias por vía telemática coma esta.
Trátase, segundo destacan desde o Concello e a Policía Local, dun mecanismo que facilita á poboación a tramitación de denuncias sen necesidade de acudir ás dependencias policiais e respectando o confinamento.