Unha veciña de Poio denuncia o roubo de froita, hortalizas e material de labranza

Poio
10 de abril 2020

Con motivo do confinamento que implica o estado de alarma, a Policía Local de Poio está a recoller denuncias por vía telemática coma esta. Trátase dun mecanismo que facilita á poboación a tramitación de denuncias sen necesidade de acudir ás dependencias policiais  

Policía Local de Poio Policía Local de Poio

Unha veciña de Poio denunciou esta semana por vía telemática que nos últimos días alguén entrou nunha horta da súa propiedade e roubou comida e aparellos dos usados para traballar a terra. 

En concreto, roubáronlle hortalizas e froita e distintas ferramentas de labranza dunha parcela ubicada na parroquia de San Xoán.

Con motivo do confinamento que implica o estado de alarma, a Policía Local de Poio está a recoller denuncias por vía telemática coma esta.

Trátase, segundo destacan desde o Concello e a Policía Local, dun mecanismo que facilita á poboación a tramitación de denuncias sen necesidade de acudir ás dependencias policiais e respectando o confinamento.