Unhas 250 persoas reclaman un paseo ciclista e peonil entre Pontevedra e Marín

Pontevedra
28 de outubro 2018

Segundo informaron dende Pedaladas, a asociación convocante desta protesta, "a participación superou amplamente a previsión" con máis de 250 persoas "a pesar de que a climatoloxía non foi a mellor". Case todo foton familias con nenos, persoas maiores ou persoas con diversidade funcional e case a totalidade en bicicleta

"Bicifestación" para reclamar un paseo ciclista e peonil entre Pontevedra e Marín
"Bicifestación" para reclamar un paseo ciclista e peonil entre Pontevedra e Marín / Diego Torrado

Na mañá deste domingo levouse a cabo a "Bicifestación", unha marcha en bicicleta para reclamar un paseo ciclista e peonil entre Pontevedra e Marín.

Segundo informaron dende Pedaladas, a asociación convocante desta protesta, "a participación superou amplamente a previsión" con máis de 250 persoas "a pesar de que a climatoloxía non foi a mellor".

Case todo foron familias con nenos, persoas maiores ou persoas con diversidade funcional e case a totalidade en bicicleta, xa que "os peóns non chegaron ás dúas decenas", sinalaron.

Dende Pedaladas consideran que o paseo ciclista e peonil de Pontevedra a Marín coa extensión ata Aguete "vai ser un revulsivo na mobilidade ciclista na comarca, vai permitir usar a bici sen importar idade ou condición física e vai ser un gran atractivo turístico que fomente unha economía sustentable.

Para iso, engadiron, o goberno do estado e os concellos "deberán poñerse a traballar".