Vaipolorío atopa unha antiga moa dos muíños do Gafos

Pontevedra
05 de outubro 2020

A Asociación Vaipolorío atopou unha antiga moa dos muíños do Gafos na zona da ponte de Rosalía de Castro

Vaipolorío atopa unha antiga moa dos muíños do Gafos / Vaipolorío

A Asociación Vaipolorío atopou unha antiga moa dos muíños do Gafos na zona da ponte de Rosalía de Castro.

Este domingo pola mañá retirouse a pedra, duns 50 quilos de peso.

Ao longo de toda a súa traxectoria os voluntarios de  Vaipolorío recuperaron outros elementos patrimoniais do leito do Gafos que testemuñan o seu pasado.