O colectivo ecoloxista Vaipolorío busca voluntarios que queiran participar nunha nova xornada de limpeza. Nesta ocasión, o traballo estará centrado na retirada de árbores caídas sobre o carreiro no tramo rural do río Gafos en Tomeza.
A cita será este domingo 11 de outubro e as persoas que estean interesadas en participar deberán acudir ás dez da mañá ao habitual punto de encontro, diante da Estación de autobuses de Pontevedra.
É importante que quen desexe asistir o comunique antes chamando ao teléfono de contacto 676842942 para organizar o traballo en función dos asistentes.
Con esta iniciativa Vaipolorío pretende facer practicable o carreiro na súa totalidade e facilitar o paseo dos usuarios e minimizar os efectos que se rexistran durante a época de choivas no outono e no inverno con inundacións debido á crecida do río.
Non é preciso que as persoas voluntarias leven ferramenta.