Vaipolorío denuncia unha nova vertedura ilegal no ENIL dos Gafos: "Son incansables"

Pontevedra
30 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A asociación ecoloxista puxo en coñecemento das autoridades o achado dun frigorífico refugado nas inmediacións do Ponte da Condesa, en Tomeza

Verquido ilegal dun frigorífico na contorna da Ponte da Condesa Vaipolorío

A situación repítese cada certo tempo, para desesperación de colectivos como Vaipolorío que velan polo bo estado ambiental da comarca.

A asociación ecoloxista denunciou este sábado a aparición dunha nova vertedura ilegal en pleno Espazo Natural de Interese Local (ENIL) dos Gafos.

En concreto trátase dun frigorífico desbotado e con lixo no seu interior que foi localizado en Tomeza, nas inmediacións da Ponte da Condesa, na vía de servizo do ferrocarril.

"Son incansables", quéixase Vaipolorío afirmando que puxeron a situación "en coñecemento das autoridades que teñen competencia neste tipo de actos".