Vaipolorío prepara para este domingo 11 unha xornada de limpeza do río Gafos

Pontevedra
09 de agosto 2024
Actualizado: 19 de xullo 2025

Será a terceira xornada de limpeza que a asociación ecoloxista pontevedresa organiza durante este verán. As persoas interesadas en participar deben chamar ao teléfono 676.842.942

Retirada de árbores por parte de Vaipolorío no Gafos Vaipolorío

A asociación Vaipolorío convoca para o vindeiro domingo 11 de agosto unha nova xornada para limpar o leito e a contorna do río dos Gafos.

Para participar nesta limpeza é necesario avisar este venres 9 no teléfono da asociación ecoloxista: 676.842.942.

Na última xornada, os voluntarios da agrupación retiraron 210 quilos de lixo. Participaron 22 persoas voluntarias e a limpeza realizouse unicamente no tramo rural do río.

A campaña de limpeza del Río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos impulsada pola asociación ecoloxista Vaipolorío comezou o pasado 28 de xullo.