Vaipolorío solicitou este mércores día 15 por rexistro ante o Concello de Pontevedra a reposición da legalidade na "ocupación ilegal dunha servidume de paso" ao río Gafos a altura da rúa Rosalía de Castro.
Segundo informan dende este colectivo ecoloxísta "se ben un particular solicitou ante Augas de Galicia a reposición dun muro. O organismo autonómico autorizou a realizar a obra mantendo o estado primitivo e respetando a servidume de paso, cousa que o particular incumplíu".
Non é a primeira ocasión na que a asociación Vaipolorío formula unha denuncia por unha servidume de paso, a máis rechamante foi a denuncia presentada ante as administracións polos asentamentos chabolistas de Ponte do Couto, na rúa Otero Pedrayo.
Naquela denuncia alertábase do perigo que ao seu xuízo supoñía o acumulación de ferralla as beiras do Gafos.