Valentín García Gómez, secretario de Política Lingüística, recibe o XII Premio de Sanxenxo na Historia

Sanxenxo
29 de agosto 2021

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, foi o encargado de entregar o premio durante a clausura destas xornadas que se desenvolven no pazo Emilia Pardo Bazán. García Gómez foi distinguido polo xurado, que preside o alcalde Telmo Martín, pola súa implicación coa cultura local

Miguel Santalices entrega o premio das Xornadas a Valentín García Gómez Concello de Sanxenxo

Finalizaron as XII Xornadas de Sanxenxo na Historia que se desenvolveron no pazo Emilia Pardo Bazán. Na última xornada, durante este sábado, Valentín García Gómez, secretario de Política Lingüística, recibía o premio anual que se entrega nestas xornadas.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, foi o encargado de entregar este premio despois de que o xurado, presidido polo alcalde Telmo Martín, valorase a implicación coa cultura local por parte de García Gómez.

Durante esta última xornada celebrábase unha mesa redonda, moderada por Marcelino Agís, coa participación de Isidoro Sabell Salgués e Celestino Viéitez. que analizaron a figura de Augusto González Besada e o período de Sanxenxo e Pontevedra durante a Guerra da Independencia.

Durante a edición deste ano tamén se realizou un coloquio homenaxe a Emilia Pardo Bazán, con motivo do centenario do seu falecemento. A novelista e xornalista que sempre foi un referente feminista mantívose toda a súa vida vencellada a Sanxenxo onde pasaba tempadas estivais na casa familiar da Torre de  Miraflores.