Vanessa Rodríguez sinala a Telmo Martín como a orixe do problema de seguridade na movida nocturna no porto

Sanxenxo
22 de xuño 2017

A concelleira critica ao alcalde de Sanxenxo por "chorimicar" despois de que o rexedor recoñecese publicamente "que non poderá atallar os problemas derivados da movida nocturna" no porto deportivo de Sanxenxo

24 novos auxiliares se incorporan á Policía Local de Sanxenxo Concello de Sanxenxo

Vanessa Rodríguez Búa, edil non adscrita e concelleira de Seguridade ata o pasado mes de maio, lembra a Telmo Martín que o modelo de lecer nocturno integrado no porto deportivo de Sanxenxo "foi unha idea que el puxo en marcha" durante a súa primeira etapa como alcalde.

"Un modelo que foi derivando cos anos pero que o Partido Popular non só non foi capaz de atallar senón que permitiu que se consolidase", dixo a edil.

A concelleira critica ao alcalde de Sanxenxo por "chorimicar" despois de que o rexedor recoñecese publicamente "que non poderá atallar os problemas derivados da movida nocturna" no porto deportivo de Sanxenxo.

Vanessa Rodríguez afirma que o único que fixo por agora o alcalde popular é "facerse fotos co dispositivo de policía local máis reforzado dos últimos anos que lle deixei contratado e acordar suprimir unha axuda para a seguridade do porto", como era a contratación da seguridade privada.