A vangarda da moda galega brilla no Museo de Pontevedra como avance do desfile Debut

Pontevedra
21 de novembro 2025
Actualizado: 15:40

Estudantes do mestrado colaboran con Bimba y Lola e Palomo Spain na exposición Debut, que culmina mañá co desfile no Recinto Feiral do Pazo da Cultura

Proxectos de Debut no Edificio Castelao
Proxectos de Debut no Edificio Castelao / Cristina Saiz

Este xoves, o Museo de Pontevedra recollía a innovación textil galega coa presentación das creacións do proxecto Debut.

Quince estudantes do Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda do campus pontevedrés da Universidade de Vigo, en colaboración coas firmas Bimba y Lola e Palomo Spain, ofreceron os seus proxectos no Edificio Castelao.

No acto, ao que asistiron o presidente da Deputación, Luis López, e o vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a forza da conexión entre a universidade, o talento novo e a industria.

A mostra, que poderá visitarse ata o domingo, exhibe pezas vangardistas nas que se experimenta con serigrafía, bordados en 3D, volumes e intervención sobre prendas icónicas, froito dun proceso formativo liderado polos equipos de deseño das dúas marcas.

Debut 2025, con colaboración de múltiples entidades locais e sectoriais, mantén actividades para favorecer o emprego do alumnado a través dunha relación directa co mercado laboral,.

Durante est reunións profesionais entre o alumnado e responsables de firmas referentes como Inditex, Parfois ou Adolfo Domínguez.

A programación culminará este venres 21, co desfile central de Debut no Pazo da Cultura a partir das 20.00 horas, onde se darán a coñecer as coleccións dos mestrandos xunto coas propostas do alumnado do primeiro curso.

As pezas de fin de mestrado permanecerán expostas no recinto feiral durante a fin de semana, abrindo as portas a toda a cidade á moda galega máis creativa e contemporánea.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora