Veciños de Barro e Moraña agraciados con 280.000 euros do sorteo do cupón da ONCE

Barro
19 de xullo 2016

Oito cupóns premiados con 35.000 cada un foron vendidos por Esther Salgado en ambos os municipios

Vendedor do cupón da Once

O sorteo do cupón da ONCE deste luns 18 de xullo, repartiu a sorte nos municipios de Barro e Moraña, onde se venderon oito cupóns con premio ás cinco cifras. 

Cada cupón recibe 35.000 euros e o importe total dos premios ascende a 280.000 euros.

Os cupóns premiados vendeunos a axente vendedora de produtos de xogo da ONCE Esther Salgado Poceiro, que fai unha ruta de venda polos municipios de Barro e Moraña. 

O sorteo do cupón de onte tamén deixou premios en localidades de Andalucía, Valencia e Castela-A Mancha.