Vence reclama con "urxencia" o saneamento integral da Ría de Pontevedra

Poio
03 de decembro 2014

O voceiro nacional do BNG responsabilizou a Xunta do estado que presenta a ría de Pontevedra polo ineficaz tratamento das augas residuais e chamou a atención sobre a necesidade de poñer en marcha unha política activa en defensa do sector marisqueiro e puxo especial énfase na necesidade de "unha marca e unha etiquetaxe propia" dos produtos transformados e conservas do mexillón  

Xuntanza de Xavier Vence con representates do sector marisqueiro
Xuntanza de Xavier Vence con representates do sector marisqueiro

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, responsabilizou á Xunta do estado que presenta a ría de Pontevedra polo ineficaz tratamento das augas residuais.

O voceiro do Bloque participou este mércores en Combarro nunha reunión cos representantes dos mariscadores e da Asociación de Mejilloneros de Combarro e Raxó (Amecomra).

"Reclamamos o saneamento integral da ría", dixo Xabier Vence, que reiterou que o Goberno galego "debe atacar con urxencia os problemas de contaminación que hai", en referencia á denuncia da Unión Europea a España pola deficiente depuración, que o líder nacionalista achaca a "a contaminación urbana e o industrial dunha planta como ENCE que afecta á calidade das augas".

Ademais Vence chamou a atención sobre a necesidade de poñer en marcha unha política activa en defensa do sector marisqueiro e puxo especial énfase na necesidade de "unha marca e unha etiquetaxe propia" dos produtos transformados e conservas do mexillón.

Con ocasión da recente revisión da Política Común de Pesca, o Regulamento da Organización Común de Mercados da Pesca e da Acuicultura establece que a partir do 13 de decembro do 2014 se aplicará en toda a Unión Europea unha nova normativa de etiquetaxe dos produtos da pesca e da acuicultura, que deixa fóra destas obrigas aos produtos da pesca e da acuicultura transformados e en conserva, entre eles o mexillón.

Esta nova situación legal permite ocultar a orixe do mexillón procedente de terceiros países transformado ou en conserva, polo que prexudica ao consumidor nos seus dereitos e intereses, favorece as empresas que comercializan mexillón foráneo de baixa calidade.

"ÿ unha liña de traballo fundamental que a Xunta debería estar a realizar dende hai moito tempo para protexer ao sector", dixo Vence.

Previamente á súa reunión co sector marisqueiro, Vence entrevistouse co grupo municipal do BNG nun claro respaldo á candidatura do rexedor, Luciano Sobral, para revalidar a alcaldía de Poio e os seus proxectos de futuro.

Arquivado en