VÍDEO.- Creando contido a base de sustos en Benito Corbal

Pontevedra
11 de agosto 2025
Actualizado: 12 de agosto

Unha performance do creador de contido Barin sorprendeu este luns a máis dun cando paseaba pola 'Milla de Ouro' comercial de Pontevedra

O creador de contido Barin nunha maceta en Benito Corbal
O creador de contido Barin nunha maceta en Benito Corbal / PontevedraViva

Curiosa escena a vida este luns en plena 'Milla de Ouro' de Benito Corbal.

Un creador de contido protagonizou unha divertida 'performance', buscando asustar os pontevedreses e visitantes que paseaban pola zona máis comercial da cidade.

Escondido dentro dunha maceta e vestido coma se dunha planta tratásese, o protagonista da xornada movíase de súpeto causando sorpresa e ocasionando algún que outro berro de susto e tamén gargalladas entre os curiosos.

Tratábase dunha acción de Barin, un creador de contido que acumula máis de 134.000 seguidores en TikTok e máis de 73.000 na súa canle de Youtube.

De feito, nun repaso polas súas redes sociais, pode comprobarse que xa a realizou en multitude de ocasións, principalmente na cidade de Vigo

A escena foi inmortalizada en vídeo, e a recado será compartida moi pronto polo seu protagonista.

O creador de contido Barin asusta os pontevedreses en Benito CorbalPontevedraViva