VÍDEO.- Denuncian a presenza de roedores no Parque de Pasarón

Pontevedra
29 de agosto 2019

A veciñanza sinala que a limpeza do estanque non é suficiente para resolver os problemas de limpeza nesta contorna onde habitualmente xogan menores. A través dun vídeo amosan como pequenas ratas nadan no estanque e móvense polo xardín lindeiro

Presenza de ratas na contorna do Parque de Pasarón / Marcos Mesías

A veciñanza da contorna da rúa Luís Otero volve mostrar o seu malestar ante a presenza de roedores no Parque de Pasarón. Segundo indican veciños desta zona, durante esta última semana de agosto acometeuse a limpeza do estanque como anunciara o concelleiro responsable de Parques e Xardíns, Iván Puentes, pero sinalan que é necesario levar a cabo unha limpeza maior en toda esta zona na que habitualmente xogan menores no parque de xogos infantís.

Os veciños gravaron durante a tarde deste mércores 28 de agosto como unha pequena rata se mergullaba no recentemente saneado estanque e, a continuación, paseábase polo xardín escondéndose entre as plantas.

Marcos Mesías, un dos veciños desta contorna, indica que se viron ratas nas proximidades ao parque infantil e que xa presentaron queixas no Concello para que leve a cabo unha limpeza profunda deste espazo #ante os perigos de salubridade.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora