A veciñanza da contorna da rúa Luís Otero volve mostrar o seu malestar ante a presenza de roedores no Parque de Pasarón. Segundo indican veciños desta zona, durante esta última semana de agosto acometeuse a limpeza do estanque como anunciara o concelleiro responsable de Parques e Xardíns, Iván Puentes, pero sinalan que é necesario levar a cabo unha limpeza maior en toda esta zona na que habitualmente xogan menores no parque de xogos infantís.
Os veciños gravaron durante a tarde deste mércores 28 de agosto como unha pequena rata se mergullaba no recentemente saneado estanque e, a continuación, paseábase polo xardín escondéndose entre as plantas.
Marcos Mesías, un dos veciños desta contorna, indica que se viron ratas nas proximidades ao parque infantil e que xa presentaron queixas no Concello para que leve a cabo unha limpeza profunda deste espazo #ante os perigos de salubridade.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.