Con expectación, así se viviu o primeiro "sábado de música acuática" na nova fonte instalada na Praza de España de Ponte Caldelas.
Trátase do primeiro espectáculo programado, pero a intención é que conte cunha periocidade mensual.
A "actuación" da fonte consistiu en tres coreografías de luz, auga e son coas pezas musicais Naceu unha estrela (Andrés Lorenzo), We will rock you (Queen) e A Marcha dos Toureiros (Georges Bizet).
As pezas musicais incluíron coreografías propias para deleite do público asistente.
Desde o goberno local mostráronse satisfeitos co "poder de atracción deste evento", sinalaron.