Vigo inicia unha ofensiva para ser a sede principal do poder xudicial de Pontevedra

Pontevedra
07 de abril 2014

O goberno local de Vigo promoverá unha "gran movilización" para esixir que a cidade olívica sexa a sede principal do poder xudicial da provincia de Pontevedra. Así o anunciou este luns o alcalde, Abel Caballero (PSdeG), "la sede oficial de Pontevedra tiene que ser Vigo y si el proyecto contempla una única sede provincial, tiene que estar en Vigo", proclamou

Abel Caballero, alcalde de Vigo
Abel Caballero, alcalde de Vigo

O goberno local de Vigo promoverá unha "gran movilización" para esixir que a cidade olívica sexa a sede principal do poder xudicial da provincia de Pontevedra.

Así o anunciou este luns o alcalde, Abel Caballero (PSdeG), "la sede oficial de Pontevedra tiene que ser Vigo y si el proyecto contempla una única sede provincial, tiene que estar en Vigo", proclamou.

O rexedor vigués sinalou que o Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX), aprobado o pasado venres polo Consello de Ministros, "es la gota que colma el vaso de la paciencia de la ciudad".  O motivo, segundo Caballero, é que a LOPJ "relega" a Vigo a "sede desplazada", o que supoñerá a desaparición do partido xudicial na cidade "que más causas genera en Galicia", para a súa centralización en Pontevedra.

"Este modelo uniprovincial no va a funcionar, porque es pretender que Vigo funcione supeditado a Pontevedra"

Entre outras consecuencias desta medida Abel Caballero sostén que esta reforma "produce una situación de inseguridad" e que este modelo uniprovincial non vai a funcionar, "porque es pretender que Vigo funcione supeditado a Pontevedra".

"Es una falta de consideración con la primera ciudad del oeste de España", apostillou.

Todos os grupos municipais do Concello de Vigo, incluídos o BNG e o Partido Popular, transmitiron a súa oposición a esta iniciativa.

En concreto o voceiro do Partido Popular de Vigo, José Manuel Figueroa, asegurou "agotará todas las vías posibles" para que o anteproxecto de lei sexa revisado e o novo mapa xudicial inclúa "una excepción que recoja la singularidad" da cidade olívica.